01 de abril de 2018
01.04.2018

O "universo propio" do Berbés centra hoxe "Pescadores de historias" na TVG

O programa toma o pulso do porto pesqueiro de Vigo - Rivadulla Corcón fala con escabicheiros, poxadores e clasificadores de peixe, entre outros

01.04.2018 | 01:54
O escabicheiro Pacho Piñeiro. // TVG

"Berbés, universo propio" é o título do capítulo de hoxe (15.30 horas) de Pescadores de historias, a serie documental de TVG dirixida e presentada por X. H. Rivadulla Corcón. O programa mostra o universo humano do Berbés, conformado por preto de seis mil homes e mulleres. "O factor humano foi e é determinante para que o Berbés ocupe un posto á cabeza de todos o portos do mundo", sinala o director do espazo.

Rivadulla Corcón fala coa peixeira Blanca Misa. Ela ven todos os días ao Berbés a comprar o peixe que logo vende de xeito ambulante polo concello de Tomiño.

Outra das protagonistas do programa é Doro Campo, que traballa na fábrica de xeo que abastece as lonxas, aos barcos e as peixeiras. Leva máis de trinta anos traballando no Berbés, polo que é testemuña da enorme transformación que sufriu este porto, tanto a nivel de infraestrutura como na relación dos traballadores.

Clasificando o peixe traballan Mari Mariño, Uca Goce e Mari Fé García. As tres empezaron moi novas a facer este traballo, ao redor do dezaseis anos, polo que teñen unha longa experiencia, e viron xa moitos cambios no Berbés, todos eles positivos, na forma de traballar. Polas súas mans pasan todas as noites unha media de 8 toneladas de peixe.

E un dos traballos máis espectaculares é o que desenvolven os escabicheiros, que se dedican a despezar e eviscerar os grandes peixes, como espadas, atúns ou marraxos. Escabicheiro é Pancho Piñeiro despezando peixes que están entre os cen e os trescentos quilos. Trátase dun traballo duro fisicamente, e altamente especializado.

No universo propio do Berbés, unha figura central son os poxadores. Como Alexandre Armada, un rapaz novo que xa leva quince anos realizando este traballo.

Marisa Vila é a encargada do restaurante do porto. que da de comer a maioría dos traballadores.

E os sabios deste universo son Cholo Torres e Inés González. Os dous levan no Berbés máis de medio século. Cholo leva unha empresa de transporte de peixe. Inés González foi peixeira toda a súa vida, xa está xubilada, e fai poucos anos foille concedida a medalla de prata do porto, por tantos anos de dedicación ao Berbés.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


Enlaces recomendados: Premios Cine