Alumnos galegos e portugueses retransmitirán dende o Museo do Mar de Vigo mañá un programa especial sobre o Pergamiño Vindel, que presenta as cantigas de Martín Códax, dentro da programación de Ponte... nas Ondas! do Mar do Mar de Vigo.

Será a partir das once da mañá e contará coa participación do director do Museo, Vicente Caramés; de Cipriano Jiménez, de Pertenza, que foi o artífice de que o manuscrito se poida ver en Vigo; a profesora Camiño Noia da Universidade de Vigo; e o tamén profesor Xosé Henrique Costas.

O programa terá tamén espazo para emitir as gravacións en vídeo dalgunha das sete cantigas do pergamiño. Unha delas, a número cinco a cargo de Chico Buarque así como a número 6 coa arte do ensemble checo RNH.