A Illa de San Simón (Redondela) acolle o vindeiro sábado, 7 de xuño, o fallo e a entrega dos Premios Xerais 2014. Dende onte, xa se coñecen os finalistas pero só cos lemas das obras presentadas.

Para o Xerais de Novela, dotado con 10.000 euros, tras le-las 39 obras aspirantes, chegaron á final "Sebastian Nell", "Dende o confito" e "A mirada de Ismael". Os finalistas do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, tamén dotado con 10.000 euros, son: "O gran reino", "Silencio" e "Genet". Finalmente, o xurado do Premio Merlín de Literatura Infantil, coa mesma dotación que ámbolos dous anteriores, elixiu "Anaimais con ánima", "Último voo", "Escarlatina" e "Amencerá cando o sol".