-Cando, como, baixo que circunstancias e feitos concretos podemos falar, con propiedade, do nacemento da literatura galega e/ou en galego?

-É unha pregunta certamente complicada de respostar en tanto en canto hai que diferenciar entre o que era Galicia fai centos de anos e o que é Galicia hoxe. Se aceptamos o criterio filolóxico estricto, e entendemos que a literatura galega é a escrita en galego, a resposta sería que a nosa literatura nace no século XV porque foi a partires dese século cando podemos decir que existe o galego, que existe a Galicia actual e que existen uns autores, un público e unha área de difusión, isto é, un campo literario propio. Agora ben, tamén debemos ter en conta que a literatura é unha herdanza cultural e, polo tanto, se nos atinximos a isto, é evidente que antes do século XV, e hai que remontarse á Idade Media, Galicia xa existía, o que ocorre é que estaba integrada nun espazo máis amplo, ao que convencionalmente chamamos galego-portugués.

--- NO TOCAR ---

----------------

Siga leyendo la noticia en Orbyt, o suscríbase a Faro de Vigo y tenga acceso completo a todas nuestras noticias sin límites.