Mobilización contra a política lingüística autonómica

Unhas 50.000 persoas protestan en Santiago contra os "ataques" da Xunta ao galego

Convocadas por "Queremos galego" e apoiadas polos partidos da oposición, os manifestantes entenden que o Goberno invalida medidas de promoción da lingua, coma o decreto do ensino, e recorta liberdades

 09:08  
Os miles de manifestantes encheron por completo a praza da Quintana en dúas ocasións.
Os miles de manifestantes encheron por completo a praza da Quintana en dúas ocasións.  Lavandeira Jr.

X. A. TABOADA - SANTIAGO A plataforma "Queremos galego" mostrou onte polas rúas de Santiago a contestación social coa que conta a política lingüística da Xunta. Unhas 50.000 persoas –case o dobre segundo a organización–, mobilizáronse contra o que consideran un ataque ao idioma galego por parte do goberno do PP, plasmado en medidas como a derogación do decreto que regula o galego no ensino, a consulta aos pais sobre o idioma, a supresión de axudas para a tradución de libros e a reforma de Lei de Función Pública que suprimiu a obrigatoriedade de facer un exame en galego nas oposicións.

Detrás desta "marea humán", como así lle chamaron, está unha plataforma respaldada por máis de 500 entidades de todo tipo e 3.000 particulares, pero tamén os sindicatos e os dous partidos da oposición, o PSOE e o BNG, que estiveron representados polos seus máximos dirixentes. Ate estivo o ministro de Xustiza, Francisco Caamaño. "Identíficome plenamente con Galicia e có que estou facendo. Defender a lingua dos meus avós, dos meus pais e a miña, porque tamén quero que sexa a dos meus fillos", dixo o ministro, que non dubidou en sinalar ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, coma o "principal perigo do galego".

Foi tanta a xente que acudiu que fixo pequena a manifestación convocada do Día das Letras Galegas, na que participaron unhas 20.000 persoas, e obrigou a repetir o acto final de lectura dos manifestos para que entraran todos os participantes. "Nin un paso atrás", "Aprender en galego non é un delito" ou "Polo dereito a vivir en galego" foron algunhas das consignas cantadas durante todo o percorrido e os lemas das numerosas pancartas. Os únicos incidentes producíronse cando un grupo de participantes lazou globos con pintura contra as lunas e os caixeiros automáticos de diversas entidades bancarias, que quedaron varias horas inutilizados.

No centro de todas as críticas estivo o PP e a Xunta, aos que acusan de invalidar "medidas positivas" de promoción do galego e recortar dereitos. Fran Rei, coordinador de "Queremos galego", a actriz Patricia Vázquez, Avelino Pousa Antelo ós seus 95 anos, Carlos Callón –presidente de A Mesa– e o polifacético Xurxo Souto foron os responsables de pórlle voz ás reivindicacións dos milleiros de persoas que ateigaron Santiago. Sobre todo, queren que o Goberno dea marcha atrás na súa política e recupere os logros acadados durante toda a etapa democrática porque, dixeron, por "primeira vez" unha Administración non só non defende a lingua propia, senon que a ataca.

Calificativos como "arrogante", "chulo" ou "prepotente" foron adicados a Feijóo. "Este ataque pode ser un motivo para o reverdecer do noso idioma coma o Prestige significou a defensa da costa", bramou Callón.

O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística cre que a pesares da mobilización, Feijóo vai seguir "xordo". "Pero un presidente serio e responsable debe aplicar o consenso e as leis, que é o que defendemos aquí", dixo, para que o Goberno non só estea instalado na "galegofobia" senón que ademais practica o "racismo lingüístico".

"Que tremen os arrecastados e que tremen eses que pensan que poden dispor da lingua como queiran. Se os galegos somos galegos é por obra e gracia da nosa lingua", soltou Pousa Antelo ante unha praza da Quintana abarrotada. "¡Fóra preguiza! Cómpre dar un paso adiante porque ista é una grande causa política e non partidista", espetou Xurxo Souto.

  HEMEROTECA
El historietista e ilustrador Mauro Entrialgo, autor de personajes clásicos del cómic español como Tyrex, Ángel Sefija, El demonio rojo y Herminio Bolaextra, conversa con nuestros lectores el próximo lunes 7 de mayo a las 12:00 horas.Envía tu pregunta »

Gastronomía


Un menú mediterráneo.
Un menú mediterráneo.

Un menú mediterráneo

La cocina mediterránea nos habla de alimentos, de materias primas y de técnicas culinarias según...

Para el calor, ensaladas.

Para el calor, ensaladas

Pueden presentarse con numerosas variantes, incluyendo verduras, o añadiendo jamón...

Las carabelas, con comida para 15 meses

La despensa de las tres carabelas de Colón

En la Santa María, la Pinta y la Niña no había menú degustación de doce platos, ni diseño ni...

Detalle de 'Vieja friendo huevos', de Velázquez

Descubrimiento del huevo frito de diseño

¿Qué fue antes, el huevo frito del cuadro de Diego Rodríguez de Silva y Velázquez, o la gallina. A...

Albóndigas, un plato casero

Albóndigas, de alto valor nutritivo

Seguramente, el ser poco prácticas para tomar entre pan y pan las ha salvado de entrar en el...

Carrillada casera de ternera al vino tinto.

Rabo de toro estofado a la Quinta Gama

"Los tiempos adelantan que es una barbaridad", se cantaba en la zarzuela La verbena de la Paloma....

Síguenos en...

CANAL LOTERÍAS Y APUESTAS

Sorteos de la
lotería y la quiniela

Loterías y apuestas

Consulta los resultados de los principales sorteos de la lotería y la quiniela.
Fuente:
 
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya