16 de mayo de 2018
16.05.2018

O Ateneo entrega mañá os premios do IV Concurso de Relato Curto Marín Conta

16.05.2018 | 03:38

O Ateneo Santa Cecilia entregará mañá os premios do IV Concurso de Relato Curto Marín Conta con motivo do Día das Letras Galegas. Resultaron gañadores na Categoría Primaria, co terceiro premio, presentado co título "Xoán e o Corsario" , Hugo González Gómez de 9 anos e alumno do Colexio Sagrado Corazón de Placeres. O segundo premio, co título "A nasa dos peixes de ouro" é para Jorge Fernández Beloso, de 11 anos e alumno do CEP O Sequelo. O primeiro premio, presentado co título "Saudade" corresponde a Álvaro Pereira Omil, de 9 anos e alumno do Sequelo. O xurado decidiu conceder diploma de Finalista e Accesit ao traballo "Catro vellos mariñeiros", do que é autor Saúl Mariño Recamán de 11 anos e alumno do CEP O Sequelo.

Na categoría da ESO, o terceiro premio, co título "Sempre Briz" corresponde a Nee Barros Fernández, de 15 anos e alumno do CPR Inmaculada; o segundo, para o traballo "A vida no mar", é para Alberto Otero Rosales de 14 anos e alumno do CPR Inmaculada; e o primeiro premio, co título "Subversiva" corresponde a Sofía Gutiérrez Pereira de 13 anos e alumna do IES Illa de Tambo. Non se presentaron traballos nas categorías de bacharelato e FP.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine