Despois do Ano Castelao e do Ano do Patrimonio, a Deputación nomeará o 2018 Ano da Lingua. Así o anunciou onte o deputado provincial de Cultura, Xosé Leal, na xuntanza que mativo cos concellos da provincia para organizar a participación na vindeira edición do Culturgal, a Feira das Industrias Culturais de Galicia que será a primeira cita para poñer en valor os programas de promoción da fala.

Leal suliñou a coincidencia de que o Día das Letras 2018 esté adicado á escritora e profesora María Victoria Moreno, que centrou gran parte da súa obra ós mais novos e que durante décadas foi docente de Secundaria. "Fixo un gran traballo co público infantil e xuvenil", lembrou o deputado de Cultura, "polo que é un momento para potenciar diversas cuestións a nivel lingüístico encamiñadas a promover uso do galego nun dos sectores onde ten máis problemas á hora de entrar, como é o publico novo e xuvenil".

Ata o de agora "xa emos pechadas algunhas accións da programación", engadiu, se ben non se farán públicas ata estar máis avanzadas. "O Culturgal será o punto de partida da commemorarción que faremos ó ano seguinte; con esto conseguimos que os concellos fagan as súas dinámicas" e as propostas que presenten na feira estén relacionadas co Ano da Lingua.

"Pretendemos que as dinámicas vaian todas na mesma dirección, sempre dentro da variedade que ten cada concello nas súas actividades culturais, pero que haxa unha liña fixa", engadiu o diputado provincial de Cultura.

En xeral o propósito é que no 2018 "a lingua galega teña un ano como se merece, un ano no que se potencie o traballo que se desenvolve tanto desde a Administración provincial como desde os concellos" .

Nesta primeira reunión cos voceiros dos concellos, que se desenvolveu no edificio administrativo da Deputación, Xosé Lal indicou que a institución provincial "volverá a apoiar economicamente aos concellos para que sigades desenvolvendo accións encamiñadas a dinamizar o galego".

No Culturgal, que se celebrará no Pazo da Cultura do 1 ó 3 do vindeiro decembro a Deputación tamén volverá a ceder aos concellos da provincia o seu posto institucional, nesta ocasión para difundir as súas iniciativas e programas relativos á promoción da lingua. Os municipios que desexen participar (no ano 2015 foron 33 os concellos da provincia na feira, cifra que medrou a 35 no pasado ano 2016) xa poden facer a súa solicitude

O deputado proporcionou unha listaxe de iniciativas relacionadas coa lingua galega para ofrecer unha idea dos aspectos que terán cabida e que "na maioría dos casos coinciden cos que se recollen nas liñas de axuda de dinamización do galego convocadas pola Deputación", indican os voceiros da institución.

Inclúense neste catálogo os certames literarios e xornalísticos, programas estables de dinamización do galego en colaboración cos centros de ensino e os orientados a primeira infancia ou ao público xuvenil. Tamén se aceptarán feiras e eventos que promocionen a creación cultural en lingua galega, xornadas e publicacións de recuperación da toponimia e campañas orientadas á promoción do galego no comercio, entre outras iniciativas.