Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

"A moción de censura nin estivo nin estará na nosa mente"

- Cales pensa que serán as consecuencias deste apoio entre o seu electorado? Que repercusións pensa que terá esta decisión para a Marea de Pontevedra?

- Penso que o noso electorado o entende perfectamente. Nós tivemos un resultado modesto nas eleccións de 2015, o espazo da confluencia consolidouse en tres citas electorais posteriores, e pensamos que a xente que nos presta o seu apoio pide de nós un labor fiscalizador, que seguiremos tendo porque non nos vamos apartar do noso ideario, pero tamén pide de nós un esforzo propositivo, que o estivemos facendo predicando no deserto durante todo este tempo ata conseguir un cambio de actitude no goberno local, pero o seguiremos facendo e confío en que esperando maiores réditos a partir de agora.

- Que pasaría si finalmente as propostas de Marea incluidas no orzamento non se chegan a realizar, si o goberno local as aceptou pensando en non executalas nunca?

- É un risco que temos que asumir. Evidentemente nós só podemos garantir o que nós facemos, pero o que depende de outros xa é máis difícil controlalo. En todo caso nós seguiremos fiscalizando ao goberno local e entendemos que o que asinamos no pleno o outro día vai a misa, que os compromisos están para cumplirse.

- Tras anunciar a súa abstención, o voceiro municipal do PP dixo que agora en Pontevedra manda o alcalde de Santiago e o PSOE ironizou con que as familias divididas volven a xuntarse polo Nadal. Que opina da reacción destes grupos?

- Son perrenchas. Nós somos autónomos dentro da confluencia galega e actuamos en función do que pensamos que son as necesidades da maioría social de Pontevedra. O camiño ao que parecía abocarnos o PP e o PSOE era o de abrir un melón podre, unha moción de censura que nin estivo, nin está, nin estará na nosa mente, porque é imposible que nos poñamos de acordo os partidos que poderiamos formalizala. Como esa posibilidade está anulada de raíz, non ten moito sentido insistir nesa opción.

Compartir el artículo

stats