05 de diciembre de 2016

Moita música, menos libros

Os participantes no Culturgal fan balance das vendas da fin de semana

05.12.2016 | 02:33

Polo estand de Inquedanzas Sonoras non paran de pasar persoas. Unhas miran, outras preguntan e moitas máis rematan mercando libros ou discos. Son dos máis lonxevos no Culturgal, xa que acoden á feira dende a primeira edición, hai xa nove anos.

"Din que este é un sector que está morto, pero nós cada vez temos máis xente", asegura Óscar Domínguez, xerente de Inquedanzas Sonoras, que comenta que xa dobraron o número de estanterías coas que comezaron na cita coa cultura en Pontevedra hai case unha década.

Domínguez considera que a demanda de produtos no seu posto débese en grande medida a que cada vez quedan menos puntos de distrución de música galega. Este ano o máis vendido por eles no Culturgal foi o novo disco da cantautora coruñesa Sés.

A artista de Baiona Irene Silva é outra das participantes no Culturgal que celebra a edición deste ano. Participa na feira por terceira vez co seu proxecto artístico GaliEstampa, un particular xeito de recuperar a tradición galega a través de figuras ilustres coma Rosalía de Castro, Castelao, Vicente Risco, Xosé Neira Vilas, Carlos Casares...

"Onte houbo momentos nos que non se vían os corredores, de tanta xente que había", asegura. Na súa opinión, o formato do Culturgal debería "multiplicarse" e facerse noutras cidades. "Fai falla espallar a cultura, debería celebrarse tamén en Vigo, Santiago, A Coruña...", propón.

Dende o seu posto, Carlos Alonso, presidente da Asociación ORAL de Galicia, de recuperacion de regueifas e brindos, confesa que "a nós sempre nos vai ben, porque non vendemos nada, simplemente informamos".

O colectivo traballa dende 1997 no estudo e transmisión da improvisación en verso, que tradicionalmente se daba "en todo o país", aínda que agora soamente sobreviva na zona de Santiago a Bergantiños e no Courel.

Diminúe a venda de libros

Algo menos contentos estaban onte nos espazos de venda de libros. Dende a Libería Paz recoñecían que pasara público pola feira, pero que o sábado pola tarde constataran menos afluencia que outros anos, o que terminou repercutindo nas vendas.

Neste sentido, botan en falta unha "reorganización da feira", unha idea na que coinciden dende a Librería Seijas.

"Si que houbo público, pero quizáis menos que outros anos, e menos ganas de mercar tamén", afirma Luz Gallego, do posto de Seijas.

"Igual habería que mudar a fórmula do Culturgal, porque xa van varios anos iguais e a xente demanda cousas diferentes. Comentábannos que lles parece que a oferta non cambiou nestes últimos anos. Ao final pérdese o efecto chamada", laméntase.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Deportes Pontevedra

El Peixe, a salir de dudas esta semana

El Peixe, a salir de dudas esta semana

El club espera el dictamen inmediato del CSD ya para conocer en qué categoría jugará

El Teucro avanza en su puesta a punto midiéndose al Porto hoy en O Rosal

El Teucro avanza en su puesta a punto midiéndose al Porto hoy en O Rosal

El Teucro avanza en su puesta a punto para el primer partido de Liga Asobal, que disputará...

Marín acoge en septiembre un nuevo clínic arbitral

Marín acoge en septiembre un nuevo clínic arbitral

Marín presentó ayer una nueva edición del Clínic de Árbitros de...

La historia granate atrajo a Martín

La historia granate atrajo a Martín

El Pontevedra presentó ayer al delantero que competirá con Ion Etxániz en la punta de ataque - El...

Andrés Lagos: "Quiero dejar todo atrás para rendir en el campo"

Andrés Lagos: "Quiero dejar todo atrás para rendir en el campo"

El futbolista espera convencer al club para tener una oportunidad en Segunda B

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine