| O Concello de Poio celebrou onte un ano más o Día da Patria Galega co seu tradicional acto de entrega de bandeiras, que mudou este ano ó entorno da Rúa Castelao pola celebración de ano adicado ó rianxeiro e polo centenario das Irmandades da Fala. Textos de Castelao e de Manuel María, protagonista das Letras Galegas de 2016, estiveron presentes no acto con lecturas colectivas, e o escritor e mestre David Otero pronunciou un relatorio. A ceremonia finalizou coa interpretación do himno galego, e as asociacións e colectivos de nova inscripción recorreron a súa bandeira oficial, como é o caso da Asociación Amigos da Canceira de Poio, Asociación Irmandade Illa de Tambo e Asociación Re-creo.