A Alameda Rosalía de Castro acolleu onte varias actividades para celebrar o día das Letras Galegas nas que se leeu un manifesto en defensa da lingua de Galicia, a súa dignificación e normalización. Estas actividades, organizadas polos colectivos Queremos Galego, Amigos da Cultura, Almuinha e Trabalingua continúan hoxe, coa programación convocada polo Concello. Así, a alameda acollerá hoxe o Concerto do Día das Letras, a partir das 12.30 horas, a cargo da agrupación musical Ateneo Santa Cecilia. Ás 18.30 horas, tamén na alameda Tarabelos representará a obra Amoriños Contei.