O Teatro Principal foi escenario onte do concerto homenaxe ó Día das Letras Galegas, unha actuación na que participaron cinco corais do concello: Alameda, Bella Helenes, Voces Amigas de Mourente, Chopo e Airiños de Campañó. Todas as agrupacións musicais interpretaron pezas en galego neste recital que convocou a numerosos interesados na música coral. Como remate, todas as corais cantaron conxuntamente "O galo comadre" e o himno galego.