O concelleiro de Cultura, Diego Fernández, presenta este luns no Concello do Carballiño a posta en marcha e entrega de material didáctico do Programa Apego.

O devandito programa posto en marcha por varios concellos galegos, entre eles o de Ourense, vai dirixido ás familias con nenos menores de 6 anos e as que se están a preparar para a chegada dun novo membro, e trata de axudar á socialización en galego e propoñer o uso da lingua galega para crear vínculos coa familia e asentar o arraigo a esta terra.

A rolda de prensa de presentación será as 11.30 do luns no salón de plenos do Concello e estará xunto co concelleiro unha das nais participantes

Como explica a web de "Apego.Gal", a iniciativa de falar galego na familia cos nenos "vai ser a base da identidade futura do voso fillo ou da vosa filla. A lingua de cada pobo é un tesouro irrepetible e tamén é a cerna que lle permite existir e descubrir o mundo. Únete a nós no Apego", indican.