17 de mayo de 2017
17.05.2017

"Casares sen Ourense non se entendería"

17.05.2017 | 03:24

Dende o salón de plenos, os asistentes dirixíronse ata a praza Bispo Cesáreo, onde se procedeu a descubrir un busto da figura de Carlos Casares, obra do artista Xosé Cid, e unha placa a carón do Liceo, que, segundo dixo ou seu irmán, Xabier Casares, "era a súa segunda casa". Alí, a Coral de Ruada interpretou varias pezas, unha das cales tiña unha emotividade especial, xa que fora composta por Manuel de Dios, amigo persoal de Casares.

Outro dos fillos de Carlos Casares, Hakan, asegurou que o que máis agradece da xente que se lle achega estes días é escoitar que o seu pai "era unha boa persoa".

Por iso é polo que non dubidou en proclamar que "Carlos Casares sen Ourense non se entendería". Ao igual que o seu irmán lembrou esa faceta de tertuliano, con pasaxes como os vividos na taberna do Tucho, no famoso Volter, así como a súa relación con denominados "artistiñas" como Virxilio, Vicente Risco, Quessada ou Acisclo.

Pero foi o seu irman Xabier quen subliñou que o busto de Carlos Casares comparte espazo con Blanco Amor, que tamén ten unha estatua, e ao que "Carlos admiraba", e o espazo da lectura de Torrente Ballester. Coa interpretación do "Himno galego" por parte da Coral de Ruada pechábase un acto "sinxelo, pero sentido", como asegurou o rexedor.

O acto final, no Auditorio Municipal, tivo como protagonista á Real Filharmonía de Galicia, que ofreceu un concerto promovido polo Consello da Cultura Galega, cuxo presidente, Ramón Villares, participou nos actos da mañá. No recital estreouse a obra "Formiga", do lucense Rubén Vizcaíno, baseada nun texto de "A galiña azul", de Carlos Casares.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


Enlaces recomendados: Premios Cine