A Coral Polifónica Marusía de Bueu organiza esta fin de semana o seu tradicional concerto de música coral co gallo das Letras Galegas. Será este sábado no auditorio do Centro Social do Mar e participarán a Coral Polifónica de Mera, Coro Escarcha de Valdepolo (León), Coral Encantiño Barra de Miño, Coro Mixto San Pedro de Cudillero (Asturias) e a propia Coral Polifónica Marusía de Bueu.

Colaboracións

O festival comezará a partir das 20.00 horas e a entrada é completamente gratuíta. O evento está patrocinado polo Concello de Bueu, Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra e Federación Coral Galega e conta ademais coa colaboración de numerosos comercios e entidades de Bueu.