O salón de actos do IES As Barxas acolleu onte a estrea da obra de teatro infantil "Puño Puñete" da compañía Baobab Teatro. Trátase do último espectáculo do trimestre dentro da programación Rechouchíos, a través da cal o Concello de Moaña programa actividades para nenos en lingua galega.

A obra de onte, recomendada para pequenos dende 1 ano de idade, encheu o salón de actos e se converteu nunha alternativa de lecer para os máis pequenos nunha xornada marcada pola choiva.

"Puño Puñete" é un espectáculo musical no que os nenos gozaron dos ritmos en directo, así como das cantigas e contos propios da tradición oral galega.

Rechouchíos finaliza o trimestre despois de cinco espectáculos de contacontos, maxia e música en distintas parroquias.