| O Concello de Pontevedra entregou o Premio Xosé Manuel Pintos que recoñece o pulo no uso do galego. Na categoría de entidades o galardoado foi o programa Apego, no que participa o Concello de Moaña. Xa son 150 as familias da vila neste programa para mellorar a transmisión do galego aos nenos. Na recollida do premio participou a técnica de Normalización, Paula Soto.