A poeta Míriam Ferradáns presenta hoxe en Bueu o seu poemario "Deshabitar unha casa", co que o ano pasado gañou o XX Premio Francisco Añón, que convoca o Concello de Outes. O acto será a partir das 12.30 horas na sala Amalia Domínguez Búa. A autora estará acompañada da tamén poeta buenense Lucía Novas; da fotógrafa Alba Sotelo, tamén de Bueu; e do técnico de Cultura do Concello de Outes, Santiago Nieto. O Francisco Añón foi un dos premios que gañou o ano pasado Míriam Ferradáns, que tamen viu publicado o seu poemario "Nomes de fume", co que gañou o XXIX Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé.