A Asociación Queremos Galego Marín comenza o ano cunha actividade relacionada coa música galega no marco dunhas xornadas que se levarán a cabo durante todo este ano tituladas "O galego máis alá da literatura".

Nun acto que se celebrará o día 12, ás 20 horas no Museo Manuel Torres, a asociación presentará dúas iniciativas de comunicación ao redor da escena musical galega como son a web GZMúsica e o fanzine Ouve!

Web musical galega

GZMúsica é unha web nada no ano 2012 que se adica á música galega e pretende achegar información sobre todo o que acontece arredor das músicas do pais.

Unha web onde se poden atopar desde calendarios de concertos, entrevistas, videoclips ata resumos de distintos festivais musicais que se celebran ao longo e ancho do noso país.

Ouve! é un fanzine en papel que se distribue desde hai case un ano de xeito gratuíto polos locais do país para falar da música galega con crónicas de concertos, críticas aos novos discos dos distintos grupos galegos. O colectivo Queremos Galego sinala que hai xa ben tempo que a música galega é algo máis que a música folk e as gaitas dos grupos tradicionais.