O salón de plenos do Concello de Cangas acolle hoxe, ás sete da tarde, a inauguración do congreso "Cangas 1617: A defensa da vila", que se celebra arredor do 400 aniversario do desembarco dos piratas turcos berberiscos na península do Morrazo. Media hora despois, ás 19.30 horas, o historiador Xerardo Dasairas impartirá a conferencia "A pegada etnográfica de 1617".

As actividades do congreso continúan mañá coa conferencia "A Inquisición en Galicia", impartida por Pegerto Saavedra, catedrático de Historia Moderna da Universidade de Santiago de Compostela e membro da Real Academia Galega (RAG).