Que nos ten legado, en cambio, Hermelo e que deber temos para con el ? A consciencia de deberlle un pasado común e próximo no Morrazo, ternos legado o seu couto: as mellores carballeiras vellas conservadas da comarca, o seu patrimonio etnográfico, a rede viaria de camiños rurais seculares como eixo vertebrador das comunicacións na comarca; A paisaxe e xeografía das súas rías: un territorio que dá a dúas delas (Pontevedra e Vigo dende Paralaia) e que ve para unha terceira dende A Esculca (ría de Aldán).

" Trece de septiembre, lunes .? En Hermelo hice noche. Es un sitio alto y casi desierto, pues sólo tendrá venite o treinta vecinos ? a la tardecita subía a la Esculca con el fin de verse ocultar el sol y por estar nublado no se notó cosa especial, pero si registré infinito mar, bocas de rías, rías, puntas... (Frei Martín Sarmiento en "Viaje a Galicia" de 1745).

Un couto forestal cinexético: non en van honran aquí a San Huberto (sic), patrón dos cazadores, ser custodio da liña de demarcación entre os municipios de Cangas, Moaña e Bueu e das parroquias de San Salvador de Coiro, San Martiño de Bueu e Santa María de Cela.

E queda o principal para o final: os seus mananciais. Porque dende 1968, Bueu abastécese das súas augas para a traída municipal: mananciais de Fonte de Barro, Súapresa, Fonte das Eguas / Aguas, Porviseiro?Por non falar do pasado das súas leiteiras e do "boi de Hermelo". Si, ese boi de posto que garantiu a gandería nos alrededores.

En definitiva, hoxe Hermelo, representado nesta igrexa parroquial á sombra da centenaria oliveira do seu adro é testemuño da orixe cristiá do noso pasado poboacional recente (doce últimos séculos, cando menos). Hoxe, Hermelo é Cela, é San Martiño de Moaña, é Santa María de Beluso, é San Salvador de Coiro?

Porque vive e perpetúase nos seus fillos. Por iso Hermelo é o que seus fillos son, pero emancipados e configurados noutra organización territorial con inequívoca base no que foi o seu couto e a súa xurisdicción que non é outra que o vello Morracium do que fala a Parrochiale Suevum ou Divisio Theodomiri no Concilio II de Braga no ano de 572 ó referirse ás distintas ecclesias da diócese de Iria Flavia:

"Ad Iriensem sedem ?. Morracium".Ou sexa, berce do Morrazo.