A Mostra de Teatro trae hoxe ás nove da noite a estrea absoluta de "A Galiña Azul". A obra é levada a cabo por Tanxarina Títeres, compañía redondelana fundada no ano 1983 por algúns dos antigos alumnos de Harry Tozer, profesor de construción e manipulación de marionetas de hilos en el "Institut del Teatre de Barcelona".

"A Galiña Azul" é un espectáculo que xunta o mellor do uso de títeres co dun elenco formado polos fundadores da compañía Miguel Borines Fernández, Adrés Giráldez del Río e Eduardo Cunha "Tatán".

O titiriteiro e actor, Eduardo Cunha, fundou outras compañías de teatro actoral como Cirigaita ou Produccións teatrais do Sur S.L. Traballou tamén en filmes coma "A lingua das bolboretas" ou "O lapis do carpinteiro"e en televisión con "Pratos combinados" e "Mareas vivas"entre outros. Dirixiu ademais o espectáculo "O vendedor de paxaros" e "Os tres xigantes superliantes".

-Como nace a idea de representar "A Galiña Azul"?

-Tanxarina necesitaba facer novo teatro dentro da escea. Aproveitouse tamén que o Día das Letras Galegas deste ano estivo dedicado a Carlos Casares para representar un dos seus contos máis famosos.

-Que se pretende transmitir coa obra?

-A idea é a de facer un teatro con títeres, pero con certocomprimiso. Como neste caso, no que se fala de solidaridade, de xente e tratar o tema de que non todos somos iguais.

-Como foi o proceso de creación dos títeres?

-O encargado foi Pablo Giráldez Pastor,un artista plástico moi interesante que xa colaborou con "Tanxarina" noutras ocasións. Se conversou como queriamos os bonecos e o escenario, e rematou dun xeito estético moi especial.

-Esta é unha representación destinada, na súa maior parte, aos nenos. De que maneira é importante para eles?

-É un espectáculo infantil, pero familiar tamén. Trátase dun conto de Casares moi resumido que, coa posta es escea de Cándido Pazó, logrouse amplialo para poder representalo en teatro.

-A compañía fundouse no ano 1983. De que maneira cambiou co paso dos años?

-A compañía non cambiou demasiado, o formato mantívose co paso do tempo. A nivel persoal dos directores sí que creceu, xa que cada un dedicouse a outros proxectos. Se segue coa mesma liña de traballar actores e bonecos, coa mesma temática de compromiso e no mesmo espazo de traballo en Redondela. A compañía mantense nunhas situacións moi desfavorables para o mundo do espectáculo, onde o espectador xa non é impulsado a ver as obras.

-Os títeres non son algo moi visto a día de hoxe.

-En Galicia existen varias compañías que intentar estar á altura. A nivel personal tamén, acudindo al feiras. As redes están en declive, non se potencia ao espectador a que acuda. Hai poucas representacións, non volves ata o ano seguinte, non hai sentido de xira. A competencia a día de hoxe é moi grande, porque antes éramos catro e agora somos, como quen di, catrocentos, e tamén hai unha gran variedade.