| A Coral Marusía de Bueu organizou onte unha nova e exitosa edición do seu Festival das Letras Galegas, que reuniu no Centro Social do Mar ao grupo anfitrión, Coral Polifónica de Salcedo, Coral Polifónica Frol Nova de Chapela, Coral Polifónica de Burela, Coral Polifónica de Grados (Oviedo) e o retorno da Coral Infantil Cantalúa de Campolameiro, que presentou un fermoso musical titulado "Do campo ao mar".