A Asociación de Xogos de mesa Tempus Ludit preséntase en sociedade cun acto que se celebrará mañá, sábado, ás cinco e media da tarde, na sala de exposicións do Auditorio. Trátase dunha xornada de portas abertas na que se explicarán e dirixirán varias mesas de xogo.