O IES As Barxas vence no primeiro Certame de Regueifas da comarca

Un centenar de alumnos de 2º da ESO de todos os centros competiron esta mañá no Auditorio de Cangas

03.05.2017 | 17:19
Os estudantes que resultaron finalistas. // F.G.S.

Un cento de alumnos de 2º da ESO de todos os centros escolares da comarca foron seleccionados para competir ao longo da mañá de hoxe representando aos seus colexios e institutos no marco do primeiro Certame de Poesía Improvisada, onde amosaron axilidade mental para facer regueifas baixo certas condicións que propoñían os directores do evento: Pinto d´Herbón e Luís Caruncho. Tras un mes de obradoiros e fases previas en cada un dos centros, esta mañá se disputaban as roldas finais, que arrincaron con 10 quendas de 10 alumnos cada unha. Os 20 mellores foron seleccionados para a penúltima quenda, onde se estipulou que o instituto As Barxas de Moaña resultou gañador ao ser o que meteu máis alumnos entre os 20 mellores.

O xurado se encargou finalmente de seleccionar aos catro mellores regueifeiros da comarca, que se enfrontaron nunha quenda final xa sen carácter competitivo. Os alumnos máis áxiles á hora de improvisar poesía foron Ana Piñeiro do colexio Eduardo Pondal; André Vázquez do IES A Paralaia; Pablo Cordeiro do IES María Soliño; e Adrián Pastoriza do colexio Compañía de María. Entre os aplausos dun público integrado polos 400 participantes nas roldas previas e polos seus profesores, as batallas dialécticas finais deron lugar a poemas que implicaban unha grande axilidade mental. Nalgunas probas os directores obrigaban a enlazar varias palabras, noutras daban o primeiro verso e noutras o cuarto e último. "700 refuxiados/ nunha pequena baliza/ este mundo é unha merda/ non soporto as inxustizas", foi unha das coplas máis aplaudidas, de André Vázquez. "Non me gustan as pelexas/ nin tampouco as palizas/ quero cambiar este mundo/ non soporto as inxustizas", compuxo o alumno de Cangas Nicolás García na mesma proba, na que o final estaba fixado previamente.

O xurado estaba integrado por catro persoeiros recoñecidos do mundo da música tradicional no Morrazo: O mestre gaiteiro Xavier Blanco, Guillerme Ignacio, Pili Gonçalves e Sara Malvido, da Banda de Gaitas Tromentelo. O instituto gañador levou de premio unha rosca de pan, mentres que os 20 alumnos que chegaron ás últimas quendas foron agasallados cunha palmeira de chocolate.

O certame, que partiu da colaboración das concellerías de Normalización Lingüística de Bueu, Cangas e Moaña, buscou mellorar a axilidade mental e o desenvolvemento dos alumnos en galego dun xeito natural, así como vincular a lingua propia de Galicia ao lecer. Os organizadores xa pensan en repetir a experiencia o vindeiro ano.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Deportes Morrazo

Mauro celebrando el primer gol de los que anotó el Alondras este domingo. // Santos Álvarez
Humildad tras la merecida goleada

Humildad tras la merecida goleada

Antonio Fernández pide a sus jugadores tener "los pies en el suelo" tras debutar con un 6-1 al Noia

Pablo Cabello y Javier Lago se imponen en clase Vaurien en Cangas

Pablo Cabello y Javier Lago se imponen en clase Vaurien en Cangas

Martín Wizner y Pedro Ameneiro ganan en clase 420

El Lalinense pasa a cuartos

El Lalinense pasa a cuartos

Vence al Luceros en un choque decidido en la prórroga ä Arón anotó 14 goles

Tirán pincha en las olas de Zarautz

Tirán pincha en las olas de Zarautz

La embarcación de Moaña reacciona en el último largo pero no evita el penúltimo puesto

La salvación como objetivo tras cambiar casi toda la plantilla

La salvación como objetivo tras cambiar casi toda la plantilla

El Moaña de Miguel Fernández se presenta ante su afición - Solo repiten 5 jugadores

El Defensores mide sus fuerzas al CB Porriño

El Defensores mide sus fuerzas al CB Porriño

El club organiza el viernes el cuarto torneo Basket na Rúa 3x3, en la alameda

 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Suscriptor | O Morrazo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales
Enlaces recomendados: Premios Cine