22 de marzo de 2017
22.03.2017

Do Morrazo á lusofonía

A Deputación e a Federación Galega de Parques Empresariais dan comezo con Fecimo á campaña "Vender en galego"

22.03.2017 | 02:55
Representantes da Deputación, de Fecimo e da Fegape na sede dos comerciantes do Morrazo. // G. Núñez

A campaña provincial "Vender en galego", que puxo en marcha a Federación Galega de Parques Empresariais (Fegape) xunto coa Deputación, comezou a súa promoción para toda a provincia na comarca do Morrazo. Onte representantes dos dous organismos fixeron público, xunto a Fecimo, os obxectivos dun programa para estender no sector privado o uso do idioma propio.

A campaña "Vender en galego", impulsada pola Federación Galega de Parques Empresariais (Fegape) e financiada pola Deputación mediante a liña de dinamización do idioma propio de Galicia, presentouse onte aos comerciantes do Morrazo. Os impulsores desta campaña para estender a lingua propia no eido do comercio e a industria elixiron a sede da federación de comerciantes do Morrazo, Fecimo, para a primeira presentación dun programa que pretende impulsar a concienciación nas empresas e no comercio local para que dean o paso de etiquetar os produtos en galego. Unha parte destacada da campaña é o espazo web www.venderengalego.gal, que pretende poñer á disposición das empresas ferramentas online como tradutores, cursos de galego, dicionarios ou software.

O secretario xeral da Fegape, David Sobral, explicou a elección de Fecimo para dar o primeiro paso dentro desta iniciativa "pois é coñecido o seu traballo na defensa do galego". Apuntou que a campaña "Vender en galego" pretende concienciar aos empresarios sobre as oportunidades e vantaxes que xera este idioma tanto á hora de diferenciar os produtos nun mercado cada vez máis uniformado como á hora de acadar un valor competitivo como é a exportación aos países da lusofonía. Desde Fegape lembran que a comunicación no idioma propio é capital para abrir mercados tanto en Portugal como en países de distintos continentes como os emerxentes Brasil ou Angola, pasando pola cidade chinesa de Macau. Neste sentido, destacaron a importancia que ten o etiquetado en galego á hora de proporcionar valor engadido aos produtos de alimentación.

Dende o organismo provincial, o deputado Xosé Leal, anunciou que esta campaña se estenderá no tempo co obxectivo de converter o galego en "lingua vehicular do comercio e promover que nos identifique no mercado". Sinalou ademais que con estas iniciativas a Deputación pretende axudar a que o galego "estea presente en todos os ámbitos da nosa vida, que é a maneira de que sexa útil para a sociedade".

O presidente de Fecimo, Xosé Bangueses, sinalou que para esta federación o uso do idioma nunca foi unha cuestión a debate, "senón algo natural", e explicou que dende o ano 2000 puxeron en marcha distintas campañas para potenciar a lingua propia tanto a nivel comercial como cultural.

Dende a Deputación, Leal pon en cuestión tópicos como que os turistas prefiren que non se etiquete os produtos en galego e insiste en que permite visibilizar mellor a orixe dos produtos propios. Os impulsores da campaña poñen como exemplo o caso dos perfumes ou do whisky, que se publicitan en todo o mundo en francés e inglés respectivamente, para que quede clara a súa orixe como un distintivo de calidade.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Deportes Morrazo

Heba Bermúdez (arriba, sexta por la izquierda) con el equipo del Playas de San Javier. // FDV
La reina canguesa de la arena

La reina canguesa de la arena

Heba Bermúdez se proclama campeona de Liga con el Playas de San Javier - Ahora disputa el Nacional...

Bueu organiza su Torneo de Veteranos

Bueu organiza su Torneo de Veteranos

La Salle, San Bernardo o Corvera, entre los ocho participantes

El Alondras celebra su asamblea anual de socios

El Alondras celebra su asamblea anual de socios

La cita será a las 20.30 horas en el salón de plenos del concello cangués

El Ría de Aldán se corona en su casa

El Ría de Aldán se corona en su casa

El club cangués se impone en una prueba con 380 participantes

El Frigoríficos llama a su masa social

El Frigoríficos llama a su masa social

El club mantiene precios en una campaña en la que quiere aumentar sus 1.600 abonados

Moaña y Beluso echan a andar con sus plantillas casi cerradas para afrontar la Preferente Autonómica

Moaña y Beluso echan a andar con sus plantillas casi cerradas para afrontar la Preferente Autonómica

| Con las plantillas prácticamente perfiladas a falta de un par de retoques Club Deportivo...

 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Suscriptor | O Morrazo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales
Xabier Díaz colabora coas Adufeiras de Salitre. // FdV
Xabier Díaz: "Os músicos galegos temos certo problema de autoestima"

Xabier Díaz: "Os músicos galegos temos certo problema de autoestima"

"As bandas galegas teñen lustre e calidade suficiente para compartir escenario con calquera tipo...

La Xunta estudia alternativas para reducir el impacto del Corredor en los manantiales

La Xunta estudia alternativas para reducir el impacto del Corredor en los manantiales

Técnicos se reunieron con Concello de Moaña y colectivos para estudiar las afectaciones del tercer...

Cangas contratará ingenieros externos para supervisar las atracciones del Cristo

Cangas contratará ingenieros externos para supervisar las atracciones del Cristo

El Concello adjudicará a una empresa el servicio, que hasta ahora realizaba el personal municipal...

Enlaces recomendados: Premios Cine