| Os nenos e nenas de Bueu e Moaña recibiron onte a visita do mítico apalpador, unha figura tradicional galega que nestas datas do Nadal baixa dende os montes do Courel. O apalpador viu acompañado de Servando, xunto ao seu acordeón, e o burro fariñeiro. Xuntos cantaron cos máis pequenos cancións que falan da tradición galega; do respecto e coidado do medio ambiente, fomentando a reciclaxe e compostaxe e previndo os lumes forestais; e de promover bos hábitos alimentarios, evitando as bebidas azucaradas e a comida basura. A visita do apalpador foi posible grazas a mediación da Deputación de Pontevedra, que fixo que primeiro acudise á Praza Massó de Bueu e que logo acudise a estar cos pequenos e pequenas de Moaña nun percorrido pola zona da alameda e paseo marítimo.