Persoaxes: A lingua: Unha rapazola que vai de velliña, encoveirada e coa axuda dun caxoto/ O rapaz: De pucha e calzós curtos; leva un aro de ferro na mau./ O labrego: Cun sacho ó lombo de cava-la terra./O mariñeiro: Cunha patela e botiñas pra iauga./O Gaiteiro: Leva a gaita ó lombo, sin tocala. Como un apeiro de traballo./O estranxeiro: roupa de campar; cachimba e bigote; unha canibela de cacique e señorón.

A lingua: Eu, sonvo-la língua,/ a lingua galega,/a voz do meu pobo/que me ten de vella?

Todos: Labrego, mariñeiro, gaiteiro, rapaz: Ti es a nosa língua/da patria amorosa,/da Galicia antiga,/da Galicia NOSA!!

O estranxeiro ( entrando con rebumbio e fachendoso):

Eh,Eh, Eh?./Ti es outra língua/dos poucos e os probes;/non sigas chorando,/que erguerte non podes?!

Todos: Ti,¿quen es, quen es?/qué mal che fixemos/que roubar nos queres/o que máis queremos?

O estranxeiro: Eu?son o máis grande/de tódolos tempos;/loitei cos meus homes/ e sempre vencemos!

Todos:Ahhhh, xa sabemos/que nos ves traer:/sono, moito sono!/para dempois morrer?.

O estranxeiro: Ah,ja,ja?vós listos/ben listos que sodes;/pro eu teño outra língua/que coa vosa podo!

O rapaz (alporizado e ameazante cara o estranxeiro):

NON,NON, nunca non! (achegándose á Lingua e aloumiñándoa):

Será pequeniña,/andará doente,/non terá casiña/de su para durmir;/mais ha de ser miña?/

A Lingua: Meu fillo,/filliño?/ti ben que me falas;/mais es ben pouquiño.

O mariñeiro: Eu son mariñeiro/da costa e a ría/lévote na boca/ de noite e de día.

( seguimos a ortografía do autor no libreto orixinal da peza)