1980 foi o ano dos Xogos Olímpicos de Moscú, uns xogos que finalmente estiveron marcados polo boicot dos Estados Unidos. O presidente americano en aquel entón era Jimmy Carter, que en novembro perdeu as eleccións diante do actor Ronald Reagan. A principios de 1980 os americanos conseguiron sacar de Teherán a un grupo de seis diplomáticos, que daría lugar a película "Argo". Arranca tamén a guerra entre Iraq e Irán e o grupo terrorista Sendero Luminoso, en Perú, comeza os seus actos. En Inglaterra comeza a folga do aceiro. O 19 de febreiro en Londres morre Bon Scott, o mítico cantante de AC/DC. Foi un ano de loito na música porque en decembro foi asasinado John Lennon.