O Gato volve encher de música e festa Vilariño

Leo Arremecághona, Carapaus, Riobó, The Fatty Farmers e Ruxe Ruxe forman o cartel

21.07.2016 | 04:36

A Asociación Cultural O Gato de Vilariño xa ten o cartel para a súa vindeira edición da Festa Folc, que este ano vaise celebrar o 20 de agosto e coma sempre no marco incomparable da súa. Un cartel repleto de sons diferentes e para facer desfrutar a todo tipo de públicos.

A Asociación Cultural O Gato de Vilariño acaba de desvelar os dous segredos que sempre van asociados ao seu festival, a Festa Folc que se celebra cada ano a mediados de agosto. Un deses segredos é o seu cartel. E o segundo, e non menos importante, é o animaliño que protagoniza a cartelería e demais obxectos de mercadotecnia. Este ano o bichiño elexido é un lagarto arnau, moi habitual nos montes do Morrazo.

No aspecto puramente musical a organización volve a apostar por un cartel variado, con sons de raíz mesturados con outros estilos para chegar a todos os públicos e garantizar a festa sobre a area da praia de Vilariño e baixo as estrelas dunha noite de verán. O cartel está integrado por un clásico como Leo Arremecághona, Os Carapaus,Riobó, The Fatty Farmers e outros clásicos da Festa Folc de Vilariño, os Ruxe Ruxe, que xa estiveron en ocasións anteriores co seu rock do país e letras de carga social.

Este ano o festival está programado para o sábado 20 de agosto. O primeiro en subir ao escenario será o polifacético cantautor punk vigués Leo Arremecághona. Tras el será o turno do grupo santiagués Carapaus, formados no ano 2010 e que toman o seu nome dun peixe mariño. O grupo está formado por Emilio Lois, Oli Xiráldez, Gustavo Couto, Sabela Galván e Martiño Galbán.

Este ano estará tamén en Vilariño o grupo Riobó, encabezado por Begoña Riobó, probablemente a violinista galega de maior proxección. Xunto a ela están sobre o escenario o guitarrista Fernando Barroso, Xosé Liz ao bouzouki, Fernando Pérez coa frauta e a requinta e o gaiteiro e acordeonista Marcos Campos, que tamén é o director da Banda de Gaitas Manxadoira de Bueu.

Unha das sorpresas deste ano é a presenza do grupo The Fatty Farmers, un combo formado por oito músicos e que veñen dende a cidade manchega de Toledo co seu "celtic punk rock folk". Sobre o escenario gaitas, whistles, fiddles, banjo, mandolina, acordeón, baixo e batería. Case nada.

O cartel da Festa Folc 2016 péchase cun dos grupos galegos máis importantes de rock do país, os Ruxe Ruxe, que un ano máis retornan a un escenario que coñecen ben e no que son ben queridos.

Mostra de instrumentos

A asociación irá dando a coñecer nos vindeiros días o resto das actividades, entre as que se inclúen a cuarta Mostra de Instrumentos de Música Tradicional.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine