-Cre que a Xunta está dando os pasos axeitados para facer realidade a circunvalación de Cangas, otra das grandes demandas?

-Outra das fumaredas do PP. Segundo o exconselleiro Agustín Hernández a circunvalación xa tiña que levar anos aberta. Polo de agora so licitaron o proxecto. Eu entrevisteime coa conselleira para falar do tema e a sensación é que moitas gañas de facela non hai, e menos cun goberno doutra cor, que estes funcionan así. De todos xeitos, imos seguir reclamando axilidade nunha obra imprescindible para Cangas.

- Predicouse moito a transparencia e en determinados asuntos peca da de falta dela.

Non son eu consciente da falta dela. Ás veces, facer pública a información municipal é un proceso máis lento do desexable porque determinada xente da plantilla do Concello está sobrecargada de traballo, pero a información do traballo municipal é pública, sen zonas de sombra. Isto está a requerir un traballo moi considerable por parte da concellaría.

- Non se pensou en pedir danos e perxuizos polos convenios urbanísticos , cuxo diñeiro agorase reclama e danan tanto as arcas municipais?

-O do convenio de Promalar, por exemplo, é un verdadeiro escándalo. Tivemos que pagar 800.000 euros por un convenio mal asinado polo PP, que gastou os cartos e logo non se puido cumprir. Pero non é o único. Nun ano levamos pagados preto dun millón de euros en sentenzas xudiciais varias. E logo falan, os pepeiros, de mala xestión económica por parte do goberno actual. Non hai vergonza. Efectivamente, eu sería partidario de reclamar danos e prexuízos por actuacións neglixentes dos gobernos, que desemboquen en cargas para as arcas municipais, pero, por desgraza, a lei non o contempla así.

- Que se consegiu neste ano do que se sente máis orgulloso?

Varias cousas. A regulación no casco histórico ou o impulso á seguridade e ás emerxencias nas áreas que eu levo directamente. E no tocante ao demais, o traballo das compañeiras e compañeiros nas súas áreas respectivas. Hai actuacións como o aparcamento da UA 5, que supuxeron un gran avance nun problema estrutural de Cangas, por citar unha actuación en concreto. Aínda que o mellor está por vir, seguro.