| A alameda da praia da Xunqueira encheuse este venres de nenos dentro do programa "Musicanta", no que Pablo Díaz e Olga Kirk levaron a cabo un obradoiro de canto, música e xogos que rematou cun grande festival ao aire libre. Co obxectivo de dinamizar a lingua propia mediante o baile e a aprendizaxe de cancións infantís e xogos, os pequenos pasaron unha divertida tarde.