Premio para o videoclip de rap "Queremos Galego", do IES As Barxas

22.05.2016 | 03:23

O xurado dos premios "Videoghit", organizados polo instituto Pintor Colmeiro de Silleda, premiou nesta edición ao videoclip "Queremos Galego", unha peza de hip hop na que participan uns 40 alumnos do instituto moañés As Barxas e na que animan ao emprego do idioma propio.

Esta peza audiovisual acadou o premio na categoría de Mellor Canción Orixinal neste certame. O videoclip, que está pendurado no Youtube, está realizado en todo o seu proceso por estudantes de 4º de ESO e de 1º de Bacharelato. Unha coreografía colectiva no pavillón e as letras e voces dos estudantes MC Jeremías Araújo e Iván Maestú "Chiwi" son os elementos esenciais deste videoclip.

A música urbana propia do rap e unha letra reivindicativa animan á mocidade a defender e sobre todo a empregar o galego, mensaxe de especial relevancia sobre todo neste mes das letras. A peza conta con perto de 4.300 reproduccións en internet dende que saiu á luz a comezos de mes.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine