Actor e dramaturgo marinense

15.05.2016 | 03:31
Urbano Rodríguez. / Arquivo do autor

Estamos a nos referir a Urbano Rodríguez Moledo, nacido en Marín en 1902 e cando mozo moi ligado aos ambientes agraristas e intelectuais galeguistas da época. Na sua vila natal, pronto se integraría na Juventud Cultural Obrera e logo militaría nas Juventudes Socialistas de Marín, formando parte, máis tarde, do cadro de declamación das Juventudes Obreras. Cando as Irmandades da Fala inician a sua aposta pola difusión do teatro galego no comezo dos anos vinte, Urbano vai formar con mozos e mozas de Marín e Pontevedra, o coro Foliadas e Cantigas cuxa traxectoria escénica alcanza gran relevancia polas numerosas representacións e o nivel dos teatros nos que actúan. Ademáis do seu labor actoral e como director de escena, Rodríguez Moledo vai comenzar cara 1921 un labor de dramaturgo cuxas obras comezan a compartir escena coa de outros autores consagrados. A finais dos anos vinte, deixaría Marín por motivos laborais, instalándose na cidade olívica, onde toma contacto con actores e autores que o levan a formar parte da Agrupación Artística de Vigo dirixida por Julio Rua. No ano 1929 xa exercería como secretario da mesma e as suas obras comezarían a ter unha presenza destacada no seu repertorio. Tras do primeiro monólogo O orfo do mar, virían a comedia Castrapadas e o xoguete cómico Un vecho pequeno, alcanzando a sua maior proxección como autor coa zarzuela en tres actos O primeiro amor presentada no Teatro García Barbón. Urbano deixaría outras obras escritas,algunhas representadas nas sociedades agrarias da contorna viguesa, destacando A volta da perdida e sobretodo a zarzuela O amor da princesiña. Urbano R. Moledo sería fusilado polos represores franquistas o 10 de decembro de 1936 no monte do Castro vigués non só por ser un intelectual galeguista e dirixente da UGT, senón tamén por presidir o Ateneo Cultural de Lavadores, dirixir o seu cadro de declamación, por escribir a obra A volta da perdida e por defender ao goberno democrático da República, segundo consta no seu sumario inculpatorio. (Estractado dun artigo de Regina R. Vega - RGT nº 77. 2013)

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine