Moaña fomenta a lectura e o galego entre os cativos

O Concello organiza sete actividades de contacontos, maxia e música ata o mes de xuño

21.04.2016 | 02:54
Santamarina cos responsables da biblioteca e de Normalización.

O Concello de Moaña programa sete actividades esta primavera co obxectivo de fomentar a lectura e o uso das bibliotecas, así como o emprego do galego entre os máis cativos. O edil de Ensino, Aldán Santamarina, fusionou os programas de animación á lectura e de dinamización do idioma propio para programar sete actividades nos vindeiros meses. "Os actos serán abertos a pequenos de entre 3 e 12 anos", explicou Santamarina.

O programa, dirixido a un público familiar, comeza mañá venres ás 18.00 horas na Axencia Municipal de Lectura de Domaio. Trátase dun contaconto amenizado con papel e teatro de Juste Kamishibai. Titúlase "Ás historias de Kamishibai".

O venres 29 de abril haberá unha nova sesión de narración oral con música e obxectos de reciclaxe. Será a partires das 18.00 horas no auditorio Daniel Castelao. O espectáculo "Cores" o pon en marcha A tropa de trapo.

O 6 de maio os pequenos poden participar nunha xornada de educación ambiental mediante un contacontos titulado "A historia da abella Meli". Será no palco da música ás 18.00 horas. Este obradoiro sobre o mundo das abellas trasladaríase á parte alta da praza de abastos en caso de choiva. O 13 de maio Raquel Queizás encargaráse de narrar e representar con monicreques o conto "A orixe", na biblioteca de Quintela. O responsable desta biblioteca, Suso Parada, destaca a importancia de que "os pequenos tomen contacto cos libros e fomentemos así a lectura".

O sábado 21 de maio Álvaro Muras trasladará aos nenos ao mundo de Manuel María a través da maxia e da música. Será tamén no auditorio de Quintela. A biblioteca deste mesmo espacio acollerá o 28 de maio o poema musicado "Fantasía coas palabras", da compañía Papi e Mami.

Finalmente, a programación rematará o venres 3 de xuño co espectáculo "Musicanta", de Pablo Díaz e Olga Kirk. "Trátase de que os pequenos se animen a cantar e bailar cancións en galego que despois trasladarán aos seus fogares", apuntan dende o departamento de Normalización Lingüística.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine