O peche da xornada de hoxe vén da man do grupo folc Quempallou, con integrantes de Bueu, que actuarán no recinto da festa a partir das 21.00 horas. Os músicos presentarán os novos temas que formarán parte do seu próximo disco, titulado "Quarteirón". O nome alude a que o álbum vaise entregar en catro partes, catro "quarteiróns" con 'q' de Quempallou. A primeira xa está dispoñible nas principais plataformas dixitais e de streaming. Unha vez feitas as catro entregas dixitais editarase o disco en formato físico.