A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, visita Bueu e Moaña

09.03.2016 | 02:35

A nova voceira nacional do BNG, Ana Pontón, inicia hoxe no Morrazo unha rolda de visitas a concellos onde a formación nacionalista ten responsabilidades de goberno. A visita de hoxe comezará en Bueu, onde ás 11.00 h entrevistarase co alcalde Félix Juncal para coñecer o estado do PXOM e logo visitarán a praza de abastos e o astaleiro de Banda do Río. Logodesprazarase a Moaña para manter un encontro coa alcaldesa Leticia Santos. O programa inclúe unha visita ao colexio de Reibón, que dispón de Plan Madruga, e ao entorno da Xunqueira. Pola tarde, a partir das 17.30 h, manterá un encontro co sector pesqueiro no hotel Bienestar Moaña a partir das 17.30 horas.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine