A parroquia canguesa de Coiro acolle esta tarde distintas convocatorias vencelladas á cultura. A Asociación Folclórica Tromentelo convoca asemblea extraordinaria no centro social da Retirosa (ás 19.30 horas en primeira convocatoria e ás 20.00 horas en segunda) para renovar a xunta directiva. Tamén ás oito da tarde celebra asembleas ordinaria e extraordinaria a Asociación Cultural Cacarexo para aprobar o programa de actividades do primeiro semestre de 2016 e modificar os estatutos. Para o vindeiro sábado está prevista unha concentración de disfraces e festa do Entroido no local da Retirosa.