Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Alfombra vermella en Bueu para o cinema de terror

O instituto Johán Carballeira celebra a primeira edición do seu Festival de Curtas Terroríficas

Los Óscar "momificados" que se entregaron como premio. // S.Álvarez

O vestíbulo e o salón de actos do IES Johán Carballeira pouco ou nada tiña que envexar ao Teatro Kodak de Hollywood, lugar no que se entregan os Oscar do cine. Alfombra vermella, cámaras, realizadores, xornalistas especialemente acreditados para a ocasión... Por non faltar non faltaban os premios, uns particulares Oscar perfectamente tuneados para a ocasión. Non se trataba de que a Academia de Hollywood trasladase ao instituto buenense a súa agardada cerimonia de entrega de galardóns. Máis ben aconteceu que neste recuncho do mundo xurdiulle unha inesperada competencia: o I Festival de Curtas Terroríficas do IES Johán Carballeira. A primeira edición contou coa proxección de tres cintas, pero todo fai augurar que ese número irá crecendo nos vindeiros anos.

O festival foi unha iniciativa do Equipo de Normalización Lingüística do centro e inicialmente formaba parte as actividades da programación do Samaín. Os alumnos estiveron traballando dende entón, buscando localizacións e gravando. Formáronse tres equipos de rodaxe, cada un integrado por entre tres e catro alumnos de 1º e 2º da ESO, e o resultado foron tres orixinais curtametraxes: "O xogo", con Natalia Barreiro González, Sandra Souto Otero e María Brocos Juncal e que conta a historia dunha rapaza que escoita voces nunha casa encantada; "O misterio das tres xemelgas", con Lara Santaclara Estévez, Ángel Vieites Rúa, Inés Hermo Sanmartín e Antía Oya Otero, un bo exemplo de cinema de autor e que xira aor redor doutra vivenda enfeitizada; e "A última noite", con David Faye García, Sabela López Menduíña e Henrique Torres Docampo, cun protagonista que percibe unha estrana presencia nunha casa nova.

Nesta primeira edición do Festival de Curtas Terroríficas entregáronse dous premios: un do xurado, que nesta ocasión foi para "O xogo", e outro do público, que votou de maneira maioritaria por "A última noite". Ata esta votación estaba perfectamente organizada: os alumnos que enchían o salón de actos tiñan unha serie de cartóns de cores e cada unha desas cores identificaba a unha curtametraxe. Ao final da proxección somentes tiveron que alzar a traxeta asociada á historia que máis lles gustou ou arrepiou. E como se trataba dun certame de terror os galardóns tiñan que ir en consonancia. Por iso elexiuse a mesma figura dos Oscar, pero neste caso perfectamente "momificada".

A experiencia resultou todo un éxito e unha maneira distinta de darlle a benvida ao inminente Nadal.

Compartir el artículo

stats