Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

María Ortega Iñarrea: "Benestar é unha concellería coa que teño moita ligazón"

Ortega tomará posesión como edil tras a renuncia de Araceli Gestido no último pleno

A edil María Ortega, onte en Moaña. // Santos Álvarez

A pesares de que a toma de posesión como nova concelleira de Benestar Social, Muller e Igualdade de Moaña por parte de María Ortega terá que agardar, seguramente, ata o pleno municipal da última semana de novembro, a edil do BNG xa ten moitas ideas rondando na súa cabeza. Interesada na economía social, no medioambiente e na igualdade, Ortega destaca a versatilidade dunha área coa que se sinte persoal e profesionalmente vinculada e que vai coordinar trala renuncia por motivos persoais de Araceli Gestido. Ortega, número sete nas listas do BNG en Moaña, afronta este novo reto político "con moitas ganas e ilusión".

--As súas inquedanzas persoais levan a pensar que na área de Benestar Social, Muller e Igualdade vai traballar a gusto.

-A miña traxectoria persoal e profesional está moi vencellada a aspectos deste área, polo que afronto o reto con moitas ganas.

--Quince días atrás, deuse a coñecer que vostede relevaría a Araceli Gestido no seu cargo. Aínda que é pouco tempo, xa ten previstas cales van ser a súas primeiras líneas de actuación?

-Teño moitas ideas que me están rondando na cabeza, pero que aínda teñen que ser concretadas co equipo de traballo. O certo é que esta é unha área con moitas cousas por facer e nas que traballar con temas moi importantes para a sociedade neste tempo de emerxencia social.

--O seu título de Doutora en Bioloxía non ten ningún tipo de ligazón coa política, aínda que ten formación en áreas como a de Igualdade. Como e cando comeza a vincularse de xeito activo coa política?

-De xove estiven vencellada a movementos estudiantís, pero penso que a política forma parte da vida. Despois podes elixir traballar para lograr os teus propios obxectivos ou deixar que outros o fagan por ti. Eu son de moverme.

--Cando e como comezou a súa relación co Bloque Nacionalista Galego de Moaña?

-Pois máis ou menos tres anos atrás. Cando o meu fillo comezou na escola, atopeime cun problema de prazas en comedores escolares e no BNG atopei xente involucrada cos problemas da cidadanía.

-Como foi a súa evolución no BNG para chegar a formar parte da última candidatura municipal?

-Por diversos motivos, comecei a asistir a reunións e actividades do partido e tamén a participar nas Asambleas Abertas. Ata que me fixeron unha proposta, que aceptei.

-Como valora os cinco meses que levan gobernando en coalición o PSOE e o BNG en Moaña?

-É unha época difícil, pero traballan con moitas ganas. Están afrontando problemas moi gordos con valentía e de xeito moi duro para sentar as bases dunha mellor calidad de vida. O equipo de traballo está moi cualificado, se ben é certo que non sempre se visibiliza todo o esforzo que hai detrás.

Compartir el artículo

stats