A Asociación Queremos Galego Marín, dentro da súa sección "O Tiraverbas", presentará o primeiro libro, "Coma unha áncora", da escritora afincada no Morrazo, Iria Collazo López. Este libro conta a historia dun naufraxio, ambientado en Moaña, con saltos tanto no tempo como no espazo. Para este acto que se desenvolverá hoxe no Museo Manuel Torres a partir das 20 horas a Asociación Queremos Galego contará coa presenza da escritora e de Francisco Castro, escritor e editor.