Da botica á farmacia (II)

No 1898 xa se rexistran tres despachos farmacéuticos en Cangas rexentados por Eduardo de Haz, Octavio Roldán e Luis Bercero

08.06.2014 | 01:22

Arredor do ano 1898 se rexistran tres farmacias en Cangas, sendo que a comenzos do século XX, Marín tamén contaba con tres, Bueu con unha e Moaña, ningunha. Nos anos trinta, en Cangas seguía habendo tres. Neste capítulo segundo do mestre Xerardo Dasairas sobre as antigas boticas, relátase a importancia destes establecementos adicados o control sanitario, suministro de productos de desinfeción para o matadeiro, a lonxa e praza de abastos e de medicinas gratias para a beneficencia ós pobres e incluso á Garda Civil. Algúns farmacéuticos de Cangas tiveron tamén inclinación política.

, os cidadáns seguen a demandar e precisar da farmacia, pois como vén acontecendo desde antigo, recorren a ela na demanda de medicamentos de uso habitual (sen receita), pequenas curas de urxencia, información sobre medicamentos xenéricos, atención personalizada, revisións e consellos sobre saúde, sobretodo naquelas zonas que carecen de médico. A botica, en certo modo, veu sustituir en Galicia a práctica habitual de acudir a pócimas e remedios caseiros (menciñas e menciñeiras) sen prescrición facultativa e sen ter en conta as consecuencias derivadas dos seus efectos e abuso. Apesar do desenvolvemento e ampla oferta que a industria farmacéutica ofrece hoxe, ainda existen farmacias que continúan coa elaboración das tradicionais fómulas maxistrais que nos remontan, en certo modo, á sabencia e coñecementos dos boticarios de antano. Con certos visos anecdóticos, non debemos esquecer tampouco que, esta intelectualidade farmacéutica exercida na rebotica, tamén foi orixe en tempos pasados, dunha certa creatividade literaria e cultural, incluídos libelos, conspiracións políticas e consignas revolucionarias que incluso marcaron a historia de Galicia.

Ainda que o nome de farmacia e farmacéutico xa se viña xeralizando, sería a creación dos colexios médicos e farmacéuticos a que faría oficial a denominación. Esta será fruto do Real Decreto de 12 de abril de 1898, aprobándose tamén os estatutos que regulan o réxime e goberno destas institucións. Mais no ano 1902, ante as protestas dun sector en contra da colexiación obligatoria, este decreto sería derogado. Pasaría máis dunha década (1913) para que en Madrid se configurase a Unión Farmacéutica Nacional que se define como entidade aglutinadora da federación dos Colegios Oficiais de Farmacéuticos. Por este motivo, o 5 de marzo de 1914 constituiríase en Pontevedra o Colexio de Farmacéuticos da Provincia de filiación voluntaria. Finalmente, unha Real Orde do Ministerio da Gobernación de 6 de dicembro de 1917, establecería definitivamente a colexiación obrigatoria para o exercicio da profesión.

Arredor do ano 1898 xa se rexistran tres farmacias en Cangas, sendo que a comezos do século XX, Marín tamén contaba con tres farmacias, Bueu con unha e en Moaña non había ningunha. Nos anos trinta, en Cangas seguía habendo tres farmacias rexentadas cadansúa por Eduardo de Haz y Pou (peirao), Octavio Roldán Cortés (rua Real) e a de Luis Bercero. Ao morrer Eduardo de Haz, a farmacia seguiría rexentada durante un tempo pola súa viúva Mercedes de Haz e pola súa fílla cun facultativo contartado. A de Octavio Roldán Cortés pasaría ao seu irmán Feliciano e a de Luis Bercero sería logo rexentada por Carmen Peleteiro Pazos e desde o 1934 por Valentín Graña.

Nestas datas, unha das tarefas importantes, a cargo algún dos farmacéuticos, era a do control sanitario (potabilidade) das fontes públicas das que dependía o abastecemento no casco urbano con menos pozos particulares que no rural. Ao chegar a época estival, este problema agudizábase e así no 1932, decrétase a clausura da fonte Garrida, prevéndo o Concello mercar un manancial na finca de Vista Alegre. Entanto non se acometía a traída e ante a demanda de auga do barrio do Costal, esta fonte volveu abrirse apesar do risco das condicións da auga. Porén, a fonte do Señal e a fonte Ferreira mostraban polo momento boas condicións de consumo. Non obstante, un par de anos despois procedeuse á clausura de todas elas por falta de potabilidade, plantexándose o Concello a construción dun depósito como saída máis viable.

Outros aspectos de importancia a cargo das farmacias desta época, eran o suministro de produtos de desinfección para o matadeiro, a lonxa ou a praza de abastos e o suministro de medicinas gratis (Beneficencia) aos pobres e incluso á Garda Civil, cargándolle os custes ao Concello. Este suministro de medicinas facíano por turnos, ainda que por veces se plantexaría deixar liberdade de elección de farmacia. Antigo, redundante e debatido no Concello durante anos, foi o tema do control dos prezos das receitas de Beneficencia, plantexándose incluso a creación dunha farmacia municipal, dado o volume de cartos que tiña que aboar o Concello cada mes neste concepto. Xa que logo, as tarifas dos medicamentos e a nova clasificación dos partidos farmacéuticos aparecerían como algúns dos asuntos de interese que máis lle afectarían a este colectivo. Como inspectores farmacéuticos exercerían Octavio Roldán (no 1934 cobraría por este cometido 2.500 pts. ao ano máis o 10% do montepío) e Valentín Graña. Este facultativo había manter no mes de febreiro do 1936, un contencioso coa Xestora Municipal da Frente Popular ao reclamarlle ao Concello 26.000 pts. en concepto de medicinas suministradas através da Beneficencia Municipal. Como o presuposto para este concepto estaba legalmente nun tope de 16.000 pts., sería esta a única cantidade que lle devengaría o Concello ao señor Graña quen ao verse prexudicado adoptaría unha actitude moi belixerante coa corporación frentepopulista.

Durante os anos do franquismo, Cangas seguirían contando con tres farmacias pero con diferentes titulares. A da viúva de Haz y Pou pasaría no 1941 a ser rexentada por Socorro Alonso (actual de Emilio Cordeiro); a de Feliciano Roldán pasaría a Ladislao Castro e no 1958 á actual Fornos e a de Valentín Graña supomos que é a actual de Colomer.

Como apuntabamos anteriormente, semella predominar, entre algúns farmacéuticos, unha certa inclinación polos asuntos económicos e políticos do seu tempo. Así, podemos referir que en Cangas, o licenciado Francisco Martínez Budiño, ademáis de Comendador da Real y Distinguida Orde de Isabel la Católica, sería alcalde nos anos 1887-88, facéndose baixo o seu mandato obras públicas como o alumado público de gas, a adquisición do reloxo da igrexa ou a fonte de Santiago. Manuel Sequeiros tamén exercería de alcalde entre os anos 1892 ao 1898 e Benigno García Soage actuaría como concelleiro entre o 1924 e o 1930, ademáis de ser accionista de La Hulla Blanca, fundar unha escola para pobres ou exercer de presidente da Acción Católica local. Tamén empresario con fábrica de salgazón, foi Eduardo de Haz y Pou e como alcalde, exercería entre 1951 e 1952, Ladislao Castro Castro. Como vocal da Xunta de Goberno do Colexio de Farmacéuticos, electo en marzo do1946, actuaría Valentín Graña que recuncaría no cargo en xuño do 1949, esta vez como vocal do Movimiento Nacional.

O noso periplo polas boticas e farmacias de antano, devanceiras das actuais, remata coa que se establecería en Vilariño a comezos do 1962 da man do licenciado Carlos Esteva Díaz. O pai deste, Francisco Esteva Cruañas, farmacéutico orixinario de Lugo, xa tiña aberto en 1957 unha farmacia en Bueu, vila que xa contaba cun destes establecementos, rexentado por Ramón Manselle desde 1865 .

(*) Mestre e historiador de Cangas

---> PASA A la PÁGINA SIGUIENTE

---> VIENE DE la PÁGINA ANTERIOR

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Deportes Morrazo

El CN Rodeira organiza este fin de semana la Milla Náutica y la regata de las fiestas

El CN Rodeira organiza este fin de semana la Milla Náutica y la regata de las fiestas

Se espera que 120 nadadores participen en la prueba de mañana

El CD Moaña mide su nivel ante el SC Vianense

El CD Moaña mide su nivel ante el SC Vianense

Tras el choque, se presentarán ante el público todas las plantillas

Homenaje a Andrés después de 21 años en el Alondras

Homenaje a Andrés después de 21 años en el Alondras

El club le entregará una placa el domingo, antes del arranque del primer partido de liga

Cabo da Cruz impone su ley en las aguas de Santa Cristina

Cabo da Cruz impone su ley en las aguas de Santa Cristina

Puebla y Ares marcaron el segundo y tercer mejor tiempo

El Cangas empata en su segundo choque de preparación

El Cangas empata en su segundo choque de preparación

Los cangueses firman (29-29) ante un Aguas Santas que está más rodado

 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Suscriptor | O Morrazo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales
Los apicultores dejarán de retirar nidos de velutina para los concellos

Los apicultores dejarán de retirar nidos de velutina para los concellos

Dicen que no dan abasto -Ayer retiraron 6 en Cangas y desde marzo ya contabilizan un total de 255...

Enlaces recomendados: Premios Cine