Unha americana en Cangas no 1924 (II)

O investigador Xerardo Dasairas descobre os relatos de Ruth Matilda Anderson no seu periplo pola vila

29.04.2014 | 01:35
Peirao de Cangas en 1924. // Ruth Matilda Anderson

A fotógrafa norteamericana Ruth Matilda Anderson iniciou no 1924 un periplo fotográfico por España, por encargo da The Hispanic Society of America, que a levou a Galicia e a Cangas. Apesar de ter como obxetivo principal o retrato social e etnográfico da Galicia da época, apenas coñecemos tres fotografías súas tiradas no Morrazo: unha de Cangas ao baixar do vapor e outras dous dunha carpintería de ribeira en Domaio. Mais paradoxicamente, habíanos deixar uns interesantes relatos nos que subxace o afán indagatario recollidos na sua chegada a Cangas en setembro do 1924

De todo o traballo de Ruth Matilda Anderson con 5.000 fotografías de Galicia, publicaríase en 1939 o libro "Gallegan provinces. Pontevedra and La Coruña" que recolle en pouco máis de 400 páxinas perto de 500 fotografías. De todo ese material, unha boa parte -arredor dun cento de páxinas- corresponden á Costa da Morte. Estas expedicións fotográficas marcarían toda a sua carreira e non só lle permitirían adquerir unha experiencia directa vital, senón que ademáis lle proporcionarían un material primordial para o seu traballo. Actualmente, as suas fotografías de Galicia ocupan un lugar senlleiro nas coleccións da Hispanic Society, constituindo vivos documentos de costumes e lugares que, en numerosos casos, xa non existen.

Ruth Anderson aceu en Nebraska (USA) e era filla de Alfred T. Anderson, empresario do tendido do ferrocarril e moi afeccionado á fotografía quen, xunto cunha amiga, acom-pañaron á sua filla no seu primeiro percorrido fotográfico por Galicia. Ruth estudara para exercer de mestra, mais a sua paixón pola fotografía levouna a estudar esta disciplina e despois aceptar a oferta de Archer Milton Huntington, presidente da The Hispanic Society of America de facer un periplo fotográfico por España que iniciaría en 1924. Entre este ano e o 1926, percorrerían boa parte da xeografía galega nun Ford alugado, retratando con incríble ta-lento plástico -pese aos atrancos técnicos e ambientais- aquela Galicia de redeiras, de pescantinas, de feiras, de cativos descalzos, de mulleres fatigadas e envellecidas con enormes fardos na cabeza, camiñando a pé interminables quilómetros entre pobo e pobo. Apesar de ter como obxectivo principal o retrato social e etnográfico da Galicia da época, apenas coñecemos tres fotografías de Ruth Matilda Anderson tiradas no Morrazo: unha de Cangas ao baixar do vapor e outras duas dunha carpintería de ribeira en Domaio. Mais, paradoxalmente, a fotógrafa habíanos deixar uns interesantes relatos nos que subxace o afán indagatorio, recollidos na sua chegada a Cangas en setembro do 1924. Cando Anderson arriba a Cangas, a Ditadura de Primo de Rivera xa levaba un ano de andadura e o seu férreo control das actividades laborais e lúdicas notábase moito na relativa tranquilidade social existente. Pedro Rodríguez Pérez era o alcalde designado polo Directorio, segundo rexidor desta etapa de réxime monárquico-militar.

(*) Mestre de Cangas

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Noticias relacionadas


Deportes Morrazo

La salvación como objetivo tras cambiar casi toda la plantilla

La salvación como objetivo tras cambiar casi toda la plantilla

El Moaña de Miguel Fernández se presenta ante su afición - Solo repiten 5 jugadores

El Defensores mide sus fuerzas al CB Porriño

El Defensores mide sus fuerzas al CB Porriño

El club organiza el viernes el cuarto torneo Basket na Rúa 3x3, en la alameda

El nuevo Alondras quiere empezar con victoria

El nuevo Alondras quiere empezar con victoria

Con una plantilla totalmente renovada, los cangueses reciben esta tarde al Noia

A la ilusión a través del trabajo

A la ilusión a través del trabajo

- Los discursos en la presentación del Alondras se centraron en la importancia de la humildad - El...

El Alondras revoluciona la plantilla

El Alondras revoluciona la plantilla

Solo cuatro jugadores de la pasada campaña continúan en el proyecto de Antonio Fernández

 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine