Bueu voltou onte a rendir homenaxe ao exalcalde Johán Carballeira e ó resto dos vecinos represaliados tras o golpe de 1936 nun acto que consistiu nunha ofrenda floral á que acudiron algo máis de medio centenar de persoas. Dúas familiares de represaliados foron as encargadas de depositar a coroa de flores pouco antes de que o presidente da Asociación de Amigos de Johán Carballeira, Manuel Mosteiro, leese un comunicado no que abogaba pola recuperación do espírito de Carballeira. Posteriormente, o historiador Xosé Álvarez Castro ofreceu no Centro Social do Mar una charla sobre a represión en Pontevedra durante a Guerra Civil.