Beluso celebra a XXVI Semana Cultural e Letras Galegas

As actividades inclúen charlas, xogos e unha conferencia dun investigador do CSIC

16.05.2013 | 07:37
O espectáculo "A gaivota Antón". // C.Montemogos
O espectáculo "A gaivota Antón". // C.Montemogos

O colexio de Montemogos, na parroquia de Beluso, celebra ata finais do mes de maio a XXVI Semana Cultural e das Letras Galegas, que inclúe charlas, contacontos, actividades deportivas e obradoiros. Onte celebrouse un espectáculo de temática mariñeira titulado "A gaivota Antón", coa colaboración do Concello de Bueu e do Parque Nacional Illas Atlánticas.

A programación retómase con novos contacontos, unha charla de prevención de drogodependencia e unha competición de fútbol sala. Na derradeira semana de maio haberá unha visita guiada a Cabo Udra, un obradoiro de redes, outro de nós mariñeiros e o venres 31 de maio haberá un seminario chamado "O universo" e unha conferencia titulada "A morte do sol", que será impartido por Luis F. Miranda, científico titular do Instituto de Astrofísica de Andalucia y del Consejo Superior de Investigaciones Científicas.

 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine