Unha ollada fotográfica a Cangas

Dicvs Rodrigues expón instantáneas vencelladas á vila na Casa da Xuventude

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
O concelleiro de Xuventude e o autor da mostra, que permanecerá aberta ata finais de mes.
O concelleiro de Xuventude e o autor da mostra, que permanecerá aberta ata finais de mes.  Gonzalo Núñez

Paisaxes, personaxes populares, elementos arquitectónicos, concertos musicais... Son algunhas das temáticas escollidas por Diego Rodríguez García (Dicvs Rodrigues de nome artístico) para a exposición que acaba de abrir na Casa da Xuventude de Cangas. Un espazo que le resulta próximo pola súa idade (27 anos), pero tamén por vir colaborando dende novembro de 2008 coa Oficina de Voluntariado en distintos proxectos, entre eles o deseño dos carnés e fotos sobre as actividades que realizan. Para a mostra escolleu 22 instantáneas representativas do seu traballo.

G.M.P. - CANGAS O autor presenta unha secuencia numerada que invita ao espectador a contemplala como a salto de mata, xa que non están alineadas no espacio nun orde lóxico. “É unha maneira de darlle movemento, de facela máis dinámica e de xogar co público a ver que fai”, explica Dicvs, que recoñece a exposición como “unha homenaxe a min mesmo”, na que aproveita unha miscelánea de fotos realizadas durante os últimos anos sen, aparentemente, un nexo entre elas. “Son unha mestura de coleccións que teñen como denominador común a temática de Cangas”, aclara o autor, que se presenta no seu currículo como fotógrafo xornalista, ilustrador e deseñador “freelance”.
A diversidade é tecnolóxica (hai fotografías realizadas con cámara analóxica e outras con dixitais); de formatos (mesmo hai unha instantánea repartida en dous soportes), e tamén na cromía (intercálanse as de cor coas de branco e negro), aínda que a cartulina que lle da fondo aos marcos é sempre azul, “porque paréceme unha cor máis neutra”, agás a que acolle a un dragón nunha mostra de títeres, que é vermello para darle máis énfase ao lume. A súa “ollada a Cangas” tamén trascende os límites xeográficos da vila, e hai instantáneas tomadas en Redondela, en festivais de música de distintos municipios, nos rochedos da Costa da Morte e mesmo de viaxes como á cidade francesa de Angiers.

“Toca todos os paus”

“A finalidade principal é dar a coñecer o traballo de Dicvs, un colaborador activo da Oficina de Voluntariado de Cangas e que ten cousas que dicir”, intervén o concelleiro de Xuventude, Óscar Graña, que define ao autor como “un artista novo, cunha obra curiosa e polivalente, porque, utilizando terminoloxía flamenca, toca todos os paus”. Tamén quere aproveitar esta actividade “para que a xente saiba que na Casa da Xuventude hai un espazo que se recuperou para que a expresión artística da mocidade poida darse a coñecer”. A mostra de Dicvs Rodrigues pode verse ata finais de marzo, en horario de 8:30 a 14:30 de luns a venres, e os sábados pola mañá.

COMPARTIR
 
 
PREMIADOS EN LA GALA DO DEPORTE
+ VER GALERÍA
 
TAL DÍA COMO HOY SE PUBLICABA EN FARO...
+ VER GALERÍA
  Encuestas de actualidad
¿Le gusta el proyecto para el muelle de transatlánticos?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
63%
No 37%
 
Ver más encuestas »
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009