Un pulo para os artistas do Morrazo

A Fundación EmerxeMorrazo comeza a súa andaina para potenciar a creación e promoción artística na comarca

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
Os patronos da Fundación EmerxeMorrazo e representantes de grupos musicais no acto de presentación de
Os patronos da Fundación EmerxeMorrazo e representantes de grupos musicais no acto de presentación de  

A Casa da Música Manuel Omil Estévez, en Bueu, é dende xa unha das sedes da Fundación EmerxeMorrazo, unha iniciativa na que están os concellos de Bueu e Marín, a Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo (Fecimo) e a asociación Troula na Banda. O obxectivo e promover e incentivar a iniciativa artística e incluso artellar a súa programación con festivais e eventos. A da Casa da Música é unha das sedes porque tamén existirña outra de carácter virtual. É a páxina web que en breve estará chea de contidos: www.emerxemorrazo.info

D.G.P. - BUEU A Administración pública, os empresarios e a mocidade. Aínda que a algúns lle poda parecer estrano, estas tres partes van collidas da man e unidas nunha nova iniciativa na comarca: a creación da Fundación EmerxeMorrazo. Os patronos desta nova entidade son os concellos de Bueu e Marín, Fecimo e a Asociación Troula na Banda. O seu obxectivo é o de "promover, incentivar e executar calquera tipo de iniciativa dirixida a impulsar o desenvolvemento das formacións artísticas emerxentes da comarca, os eventos e as salas integradas no proxecto EmerxeMorrazo, e da comarca en sí como destino turístico-musical a través dos seus artistas e actividades".
Onte tivo lugar o seu acto de presentación, celebrado no edificio que lle servirá de sede física: a Casa da Música Manuel Omil, no lugar buenense do Valado. Os patronos da Fundación confiaron a xerencia desta ilusionante aposta a Diego Fernández e Jordi Lourenzo, que xa contan cunha ampla experiencia neste sector e que están tamén detrás de Troula na Banda. Foi o propio Fernández o encargado de abrir o acto e explicou que o obxectivo de EmerxeMorrazo "non é o de solucionarlle a vida aos artistas, senón darlle ferramentas para que melloren e sexan máis grandes". Iso inclúe facilitarlles material, asesoralos no seu traballo, axudarlles a darse a coñecer... O xerente insistiu en que a fundación está aberta a todas as disciplinas artísticas e non só a música: cine, teatro, maxia, danza...
Para artellar e darlle forma a todo iso xa están previstas algunhas actividades, como a celebración do Festival EmerxeMorrazo. Ademais, un dos obxectivos é manter unha estreita colaboración coas salas para ofrecer aos artistas escenarios nos que actuar e presentar as súas propostas. Pero non só en locais da propia comarca, senón tamén do resto de Galicia para que O Morrazo exporte a súa cultura e dinamismo.
Un dos pilares nos que se sustentará esta nova fundación será Fecimo. O seu presidente, Xosé Bangueses, destacou que nace "pensando en clave de comarca" e fixo fincapé en que este "é un proxecto moi ambicioso, no que hai moita puxanza, ilusión e vitalidade". O representante do tecido empresarial argumentou que a súa participación débese ó seu compromiso de "crear riqueza, facer cultura e facer comarca", así como á vontade de Fecimo de achegarse á xuventude. "O que imos aportar é o noso valor engadido, sobre todo en forma de experiencia e contactos", insistiu, toda vez que suliñou que a fundación nace tamén cun pacto para unha administración "seria e rigurosa".
Os representantes do Concello de Marín non puideron asistir, pero sí estaban membros do Concello de Bueu, con Félix Juncal, Andrés Lamosa e Miriam Ferradáns. Dende a Administración municipal fíxose un chamado á "colaboración social" e salientaron que este é un proxecto singular, incluso a nivel estatal, para "promocionar e impulsar á cultura". "Ten que servirnos para crear unha marca recoñecida e debe ser o punto de partida dun gran proxecto", manifestou Andrés Lamosa.

COMPARTIR
 
 
PREMIADOS EN LA GALA DO DEPORTE
+ VER GALERÍA
 
TAL DÍA COMO HOY SE PUBLICABA EN FARO...
+ VER GALERÍA
  Encuestas de actualidad
¿Le gusta el proyecto para el muelle de transatlánticos?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
65%
No 35%
 
Ver más encuestas »
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009