Tempos de cabazas e de medos de risa

Os colexios do Morrazo celebran o Samaín

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
O colexio de Tirán xa ten en marcha as actividades con motivo do Samaín.  // Gonzalo Núñez
O colexio de Tirán xa ten en marcha as actividades con motivo do Samaín. // Gonzalo Núñez 

No mundo anglosaxón e moi especialmente en Estados Unidos celebran nestas datas o seu famoso Halloween, unha celebración que case están impoñendo ó resto do mundo. Sen embargo, neste recuncho do planeta chamado Galicia existe a figura do Samaín, que se entronca coa tradición celta. Tras moitos anos á sombra desa festa importada, a tradición do Samaín está de novo en auxe e durante estes días os colexios da comarca do Morrazo organizan todo tipo de actividades, exposicións e adornan as famosas cabazas.

REDACCIÓN - O MORRAZO Segundo a tradición, os druídas, como os da aldea gala dos famosos Asterix e Obélix, celebraban na noite do 1 de novembro o fin de ano. Consideraban que esa era a data na que se producía o solsticio de inverno, o día máis curto e a noite máis longa. Son as orixes da coñecida como a noite do Samaín, unha tradición de orixe celta, e que supón o equivalente ó Halloween do mundo anglosaxón. Os nenos e nenas da comarca do Morrazo levan xa varios días traballando en actividades relacionadas con esta festa e, como non podía ser doutro xeito, a que máis lles gusta é a de adornar as cabazas. Sobre todo cando acadan esas facianas con expresións terroríficas e monstruosas.
No municipio de Bueu, as asociacións de nais e pais de alumnos teñen preparada unha festa moi especial para a tarde noite de mañá venres. Van participar rapaces dos colexios de A Torre, Beluso, A Pedra, Virxe Milagrosa e dos institutos Johán Carballeira e Illa de Ons. Os nenos baixarán ata o centro da vila disfrazados e portando as cabazas, iluminadas cunha vela no interior, e coas que estiveron traballando estes días nos seus coles.
Castañas por cabazas
Unha vez que cheguen á Praza do Concello de Bueu haberá xogos, actividades e moita diversión. Pero sobre todo producirase un intercambio: un cucurucho de castañas por cada unha das cabazas. O obxectivo das ANPA é empregalas para formar un gran mosaico na praza así que comece a escurecer.
A participación dos nenos e nenas está garantizada. Pero para que a festa funcione plenamente tamén é precisa a colaboración dos pais e nais dos alumnos, razón pola que dende as ANPA chaman á súa participación.
No resto de centros educativos do Morrazo tamén teñen actividades en marcha, como é o caso do colexio de infantil e primaria da parroquia de Tirán. Alí xa teñen montada unha exposición e o centro está convintemente adornado para esta época de defuntos. Entre a programación para estes días destaca sobre todo un obradoiro de "cociña monstruosa". Toda unha invitación para acudir ó colexio a probar algunha desas delicias gastronómicas.

COMPARTIR
 
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas