EN DIRECTO

Unha lectura con valores

O CEIP San Roque celebra sesións de animación lectora

 01:45  
Os "profes" fan de contacontos para os alumnos.
Os "profes" fan de contacontos para os alumnos.  Gonzalo Núñez

A lectura pode ser un gran vehículo para fomentar nos máis pequenos o valor da imaxinación e para transmitirlles unha serie de valores fundamentais no seu proceso de crecemento e maduración. Asi o entenden no colexio de San Roque, que un ano máis celebran unhas xornadas moi especiais para que os alumnos se acheguen á biblioteca.

REDACCIÓN - CANGAS Mañá sábado celébrase o Día das Bibliotecas e un ano máis dende o colexio de San Roque poñen en marcha unha serie de actividades para fomentar a lectura entre os seus alumnos e atraelos ata as dependencias bibliotecarias. Nesta labor participan a maioría dos mestres do centro, que por uns momentos deixan atrás a súa habitual faciana seria para convertirse en contacontos, engaiolando ós nenos e nenas a través de distintas expresións artísticas como o mimo ou a música.

As historias seleccionadas este ano teñen como denominador común o fomento de valores baixo o lema “De onde vimos, como convivimos”. Así, apóstase pola multiculturalidade, a igualdade, a eliminación de diferencias entre xéneros ou as relacións persoais. Nestas sesións participan nenos de todos os niveis, dende os “peques” de 3 anos ata os de sexto curso de Primaria.

Resposta espectacular

Os “profes” que representan para eles esas historias cheas de maxia e imaxinación, como “Os tres porquiños”, “Soños de algodón” ou “Cocorico”, non son os que habitualmente lles dan clase, senón que son os de outros niveis. E a resposta dos nenos e nenas ata o de agora está sendo “espectacular”.

Ésta non é unha actividade na que se poña nota, pero si que se consigue con nota o obxectivo perseguido: que o final de cada sesión os rapaces mostren interese polo libro en cuestión e que se acheguen con máis frecuencia á biblioteca do colexio para engancharse a novas aventuras e emocións.

Estas sesións comezaron o mércores, continuaron na xornada de onte e hoxe terán o seu colofón final, cunha representación na que se darán a man a poesía e a música.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
Opinión
Javier Manchado
Los detalles particulares de la vida del Morrazo no pasan en balde ante O Romepolas más »
Síguenos en...
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »




Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »




Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya