ÚLTIMA HORA
Audiencia alemana sigue rechazando el cargo de rebelión contra Puigdemont

Os irreductibles de Ermelo non faltan á cita

 
Na aldea de Ermelo non faltaron veciños e romeiros dispostos a celebrar a festa do Apóstolo Santiago. / g. núñez
Na aldea de Ermelo non faltaron veciños e romeiros dispostos a celebrar a festa do Apóstolo Santiago. / g. núñez 

A choiva e o tempo desapacible non impediu a celebración da festividade do Apóstolo Santiago

REDACCIÓN / BUEU Nin a lixeira choiva, nin un día desapacible nin o baixón nas temperaturas. Nada desanimou ós romeiros que cada ano acuden fieis a súa cita na aldea buenense de Ermelo -segundo a toponimia oficial da Xunta, sen hache- para celebrar a festividade de Apóstol Santiago. Todo un grupo de irreductibles, como aqueles da aldea gala que describían Goscinny e Uderzo nas historias de Astérix e Obélix.
Tamén é certo que foron poucos, moi poucos, os que optaron por quedar a comer no monte. A lixeira choiva non era unha compañeira grata e iso notouse, non só en Ermelo, senón en toda a comarca. Habitualmente, nunha data como a de onte soen colapsarse as súas vías de comunicación e os accesos ás praias.
Aínda a pesar do tempo, a pequena aldea buenense non renunciou a festexar ó seu patrono, unha xornada que se abriu con fogos de pirotecnia e con pasarrúas pola aldea. A misa solemne na honra do Apóstolo Santiago foi as 13.00 horas, e despois do oficio relixioso houbo aínda tempo para bailes e festa no entorno desta aldea do rural de Bueu. As celebracións continuarán hoxe, cunha misa ás 12.30 horas (nesta ocasión na honra de Santa Ana) e pola noite haberá unha nova verbena.
Patrón de Cangas
Pero a festividade do Apóstolo non só se exalta en Ermelo. Santiago tamén é o patrón de Cangas e onte celebrouse a tradicional misa no interior da ex colexiata. Durante o transcurso do oficio relixioso, o grupo de baile da Asociación Cultural San Andrés do Hío interpretou a Danza do Peregrino. A este acto acudiron representantes do Concello de Cangas e das forzas de seguridade do Estado. As celebracións no municipio cangués continuarán en Donón, con misa, xogos e verbena.

Caja Negra        O Bichero         Floreano
Síguenos en...
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo
Diari de Girona | Diario de Ibiza | Diario de Mallorca | Empordà | Información | La Opinión A Coruña | La Opinión de Granada | La Opinión de Málaga | La Opinión de Murcia | La Opinión de Tenerife | La Opinión de Zamora | La Provincia | La Nueva España | Levante-EMV | Mallorca Zeitung | Regió 7 | Superdeporte | The Adelaide Review | 97.7 La Radio | Blog Mis-Recetas | Euroresidentes | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya